Videofórum – “Mátria”
Recursos asociados
Período temporal
2023
Concellos/ Lugares
Padrón
Entidades financiadoras
Concello de Padrón
O proxecto “Videofórum – Mátria” desenvolveuse no contexto da celebración do Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres – 25N, promovida polo Concello de Padrón. A iniciativa centrouse na organización dunha sesión de videofórum arredor da proxección da película Mátria, co obxectivo de crear un espazo seguro e participativo no que veciñanza e público asistente puidesen debater, identificar e compartir reflexións sobre as distintas formas en que se manifesta a violencia machista.
A dinamización posterior á proxección buscou favorecer a participación activa, fomentar a conciencia crítica e construír colectivamente posibles estratexias de prevención e acción fronte a esta problemática social. O proxecto insírese nas áreas de igualdade e participación cidadá, poñendo en valor o cinema como ferramenta educativa e de transformación social.