Unha sociedade de coidados! Teatro dxs Oprimidxs para o Botrato
Recursos asociados
Período temporal
2021
Concellos/ Lugares
Entidades financiadoras
Intered
O proxecto “Unha sociedade de coidados! Teatro dxs Oprimidxs para o Botrato” consiste nunha formación de 8 horas enmarcada dentro da iniciativa da ONG Intered Galicia, orientada a repensar as relacións afectivo-sexuais e emocionais. A proposta utiliza as ferramentas do Teatro das Oprimidas para identificar roles de poder, reflexionar sobre as violencias machistas e experimentar alternativas coeducativas que fomenten o bo trato e o respecto nas relacións humanas e de grupo. Durante a formación, o alumnado participou en dinámicas prácticas que combinaron reflexión, dramatización e análise, promovendo aprendizaxes vivenciais que potencian a sensibilización e a acción positiva no seu contorno.