Saltar ao contido

Tocar ao Concello (TAC) e O festival “Art-Part”

Período temporal

2022

Concellos/ Lugares

Concello da Veiga (Ourense)

Entidades financiadoras

Fundación La Caixa, Deputación de Ourense; apoio do Concello da Veiga

O proxecto Tocar ao Concello (TAC) naceu como resposta á perda de participación social, ao debilitamento do tecido comunitario e á desaparición progresiva do patrimonio material e inmaterial no Concello da Veiga (Ourense), procesos agravados pola pandemia da Covid-19. Desenvolvido en colaboración coa Cooperativa Outonía e a Asociación Otra Escuela, puxo o foco na dinamización comunitaria e na recuperación dos valores culturais a través de diferentes accións como a creación dun grupo motor de mobilización, a realización dun diagnóstico participativo, a posta en marcha dunha oficina ambulante de acompañamento e un mapeo social. O proceso culminou co Festival Art-Part, o primeiro festival artístico e participativo do rural da provincia de Ourense, que se converteu nun espazo festivo e comunitario no que a música, os roteiros e os obradoiros serviron como ferramentas de cohesión social e de posta en valor das potencialidades locais. O proxecto conseguiu implicar á veciñanza no fortalecemento da vida comunitaria e abrir un novo camiño para a participación cidadá no rural galego.

Imaxes

PHP Code Snippets Powered By : XYZScripts.com