Saltar ao contido

Outros

Avaliación de Proxectos de Educación para o Desenvolvemento da DXRE e UE (Con Arabías e Atalaia)

Recursos asociados
Período temporal

2021

Concellos/ Lugares
Entidades financiadoras

Cooperativa Arabías

Este proxecto desenvolveuse en colaboración coas cooperativas Arabías e Atalaia, prestando asesoramento técnico especializado á Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea (DXRE e UE) da Xunta de Galicia. O encargo consistiu na avaliación das solicitudes presentadas á convocatoria de 2020 de axudas e subvencións para proxectos de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global.

O traballo implicou a análise detallada de cada proxecto presentado, valorando o seu axuste aos obxectivos da convocatoria, a súa coherencia técnica e metodolóxica, e o impacto potencial en materia de educación social e igualdade. Como resultado, elaboráronse informes individualizados que serven de base para a resolución da convocatoria e contribúen a fortalecer a calidade e transparencia dos procesos de avaliación pública neste ámbito.

Imaxes

Obradoiro "Encontros no tempo"

Recursos asociados
Período temporal

2023

Concellos/ Lugares

Muro, Santiago de Compostela

Entidades financiadoras

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Arquitectura Sen Fronteiras

O proxecto “Encontros no tempo” desenvolveuse dentro do ProxectoTERRA cun enfoque educativo e artístico. A través da fotografía, da música e do collage, as persoas participantes exploraron e reinterpretaron espazos comunitarios que foran esquecidos, abandonados ou que perderan o seu uso orixinal.

A intervención propuxo unha mirada dende a perspectiva de xénero, promovendo unha reflexión crítica sobre a memoria dos lugares e o papel que estes teñen na construción da identidade colectiva. Ao utilizar linguaxes artísticas accesibles e expresivas, o obradoiro favoreceu o recoñecemento e a posta en valor destes espazos como parte do patrimonio social e cultural.

Imaxes

Plan Proxecta: Activistas polo Mundo que queremos

Recursos asociados
Período temporal

2020-2024

Concellos/ Lugares

Varios por toda a Galicia

Entidades financiadoras

O proxecto “Activistas polo mundo que queremos” insírese na plataforma de innovación educativa Plan Proxecta, financiada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Trátase dunha iniciativa colaborativa na que participan ONGDs como Solidariedade Internacional, AGARESO e ACPP, e que procura sensibilizar ao alumnado de secundaria en Galicia sobre a interconexión entre realidades locais e dinámicas globais.

O obxectivo fundamental é promover a conciencia crítica e a corresponsabilidade social, resaltando o papel que cada persoa ten na construción dunha sociedade máis xusta. Dentro deste marco, Feitoría Verde encárgase da xestión virtual, do acompañamento do alumnado, ademais de desenvolver o primeiro obradoiro, centrado en reflexionar colectivamente sobre que significa ser activista.

Imaxes

Teatro xornal

Recursos asociados
Período temporal

2022-2023

Concellos/ Lugares
Entidades financiadoras

ACPP

O proxecto “Teatro xornal” desenvólvese en colaboración coa ACPP no marco da exposición “Mira tí” de ACPP Galicia. A súa proposta céntrase na realización de obradoiros de teatro xornal, unha das técnicas do Teatro das Oprimidas.

O teatro xornal utiliza materiais e noticias procedentes dos medios de comunicación como punto de partida, permitindo ao alumnado desvelar os mecanismos ocultos da información, analizar discursos e cuestionar mensaxes que reproducen desigualdades ou prexuízos. Ao vincularse coa exposición Mira tí, os obradoiros ofrécense como unha experiencia crítica e participativa que combina reflexión, arte e acción colectiva. 

Imaxes

PHP Code Snippets Powered By : XYZScripts.com