Saltar ao contido

Feminismos e Igualdade

Cara B das violencias machistas

Recursos asociados

[WEB]

Período temporal

2024 – 2025

Concellos/ Lugares
Entidades financiadoras

Cooperativa Arabías

Neste proxecto, Feitoría Verde presta asesoramento sobre contidos e propostas dentro do marco do proxecto “Cara B das violencias machistas”, promovido pola Cooperativa Arabías durante 2024-2025.

O proxecto ten por obxectivo investigar e visibilizar a dimensión estrutural das violencias machistas desde unha perspectiva de dereitos, interseccional e feminista, compilando os resultados nunha plataforma web. Nesta plataforma recóllese un mapa de recursos, un repositorio de materiais educativos e de sensibilización, e funciona como espazo de encontro para narrativas diversas e voces habitualmente silenciadas, promovendo a reflexión social e a difusión de boas prácticas.

A iniciativa está orientada a sociedade en xeral, ofrecendo ferramentas e materiais para entender, prevenir e combater as violencias machistas desde unha perspectiva formativa e transformadora.

Imaxes

Punto Lilá

Recursos asociados
Período temporal

2022 e 2023

Concellos/ Lugares

Brión (Romaría de Santa Marta)

Entidades financiadoras

Concello de Brión

O proxecto Punto Lilá consiste na prestación dun servizo de asesoramento, información e acompañamento en contextos festivos, mediante a instalación e dinamización de Puntos Lilás ou Violetas. Estes espazos funcionan como referentes de sensibilización e atención inmediata ante posibles situacións de violencia machista ou LGBTIQfóbica, proporcionando información á cidadanía sobre dereitos, recursos municipais e protocolos de actuación.

O servizo é atendido por profesionais especializadas en igualdade e intervención social, que ofrecen apoio personalizado, orientación práctica e unha primeira atención ás vítimas, garantindo un espazo seguro, accesible e libre de violencias. Ademais da atención directa, os Puntos Lilás contribúen á concienciación colectiva e á promoción dunha cultura do bo trato e do respecto á diversidade nos espazos públicos e festivos.

Imaxes

Guía de patios coeducativos

Recursos asociados
Período temporal
Concellos/ Lugares
Entidades financiadoras

Texto do proxecto. Texto do proxecto.Texto do proxecto.Texto do proxecto.Texto do proxecto.Texto do proxecto.Texto do proxecto.Texto do proxecto.Texto do proxecto.Texto do proxecto.Texto do proxecto.Texto do proxecto.Texto do proxecto.Texto do proxecto.Texto do proxecto.

Imaxes

Diversidade Familiar e Condutas Contrarias á Igualdade

Recursos asociados
Período temporal

2021

Concellos/ Lugares
Entidades financiadoras

Confederación de ANPAs Galega

O proxecto “Diversidade Familiar e Condutas Contrarias á Igualdade” tivo como finalidade elaborar unha unidade didáctica para ser incorporada na axenda escolar da Confederación Galega de ANPAs correspondente ao curso académico 2021-2022.

Os contidos da guía educativa galega, orientada a adolescentes e ás súas familias, estrutúrase en bloques temáticos que tratan cuestións como a natureza das familias e os vínculos afectivos, a coeducación das emocións e sentimentos, a transformación de conflitos e a convivencia saudable. Ademais, combina actividades de reflexión e materiais gráficos para traballar conceptos claves como os tipos e funcións das familias (biosociais, económicas, culturais…), os estilos educativos (democrático, autoritario, permisivo…) e o desenvolvemento da intelixencia emocional.

Imaxes

Estilos de vida sostenibles de mujeres y hombres, basados en la reducción de la huella de carbono y en la resiliencia frente al cambio climático y emergencia climática

Período temporal

2022

Concellos/ Lugares
Entidades financiadoras

INMUJERES – Instituto de las Mujeres -Ministerio de Igualdade do Goberno de España

O proxecto, promovido polo Instituto de las Mujeres, centra a súa investigación nos estilos de vida sostibles de mulleres e homes, abordando a redución da pegada de carbono e a resiliencia fronte ao cambio climático e a emerxencia climática desde unha perspectiva de xénero. De carácter cualitativo, buscou identificar, analizar e visibilizar experiencias e prácticas que poidan servir de referencia para promover hábitos máis sostibles e resilientes, así como detectar posibles diferenzas de xénero nas experiencias e comportamentos das persoas ante a crise climática. O estudo destacou a importancia de cuestionar modelos de masculinidade hegemónica e explorar prácticas transformadoras que contribúan a unha sociedade máis igualitaria e respectuosa co medio ambiente. Os resultados, publicados en 2023, ofrecen un valioso compendio de aprendizaxes que poden inspirar políticas públicas, programas educativos e iniciativas cidadás dirixidas á mitigación do cambio climático e á promoción da equidade de xénero.

Imaxes

Teorías feministas e o sistema sexo-xénero

Recursos asociados
Período temporal

2024

Concellos/ Lugares
Entidades financiadoras

USC – Grupo SEPA

O proxecto “Teorías feministas e o sistema sexo-xénero” foi unha acción formativa destinada ao alumnado do mestrado en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario da Universidade de Santiago de Compostela durante o ano 2024. A formación, de carácter presencial e cunha duración total de 6 horas distribuídas en 3 sesións, proporcionou un achegamento teórico-práctico á construción das identidades de xénero, ás desigualdades estruturais ligadas ao sistema sexo-xénero, e ás diferentes liñas político-teóricas do movemento feminista. A actividade buscou combinar reflexión crítica, debate e análise práctica, facilitando ao alumnado ferramentas para comprender e aplicar os conceptos feministas nos seus futuros contextos educativos e sociais.

Imaxes

Obradoiro para a Igualdade e diversidade na Sexualidade no Campamento Ribadeo

Recursos asociados
Período temporal

2022 e 2023

Concellos/ Lugares

Ribadeo

Entidades financiadoras

Concello de Ribadeo

O proxecto Obradoiro para a Igualdade e diversidade na Sexualidade no Campamento de Ribadeo desenvolveuse durante os veráns de 2022 e 2023 como unha proposta de coeducación destinada a un grupo de adolescentes. A través dunha metodoloxía participativa e lúdica, combinando dinámicas de Teatro das Oprimidas e a experiencia dun escape room, promoveuse un traballo integral sobre a diversidade sexual e a construción sexo-xénero. O obxectivo foi mobilizar o corpo, fomentar a reflexión crítica e abrir un espazo de diálogo no que a rapazada puidese cuestionar estereotipos, identificar desigualdades e explorar alternativas para construír relacións máis igualitarias e respectuosas.

Imaxes

Videofórum – “Mátria”

Recursos asociados
Período temporal

2023

Concellos/ Lugares

Padrón

Entidades financiadoras

Concello de Padrón

O proxecto “Videofórum – Mátria” desenvolveuse no contexto da celebración do Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres – 25N, promovida polo Concello de Padrón. A iniciativa centrouse na organización dunha sesión de videofórum arredor da proxección da película Mátria, co obxectivo de crear un espazo seguro e participativo no que veciñanza e público asistente puidesen debater, identificar e compartir reflexións sobre as distintas formas en que se manifesta a violencia machista.

A dinamización posterior á proxección buscou favorecer a participación activa, fomentar a conciencia crítica e construír colectivamente posibles estratexias de prevención e acción fronte a esta problemática social. O proxecto insírese nas áreas de igualdade e participación cidadá, poñendo en valor o cinema como ferramenta educativa e de transformación social.

Imaxes

Co-educando en familia: un encontro para o botrato

Recursos asociados
Período temporal

2024-2025

Concellos/ Lugares

CEIP Brión

Entidades financiadoras

ANPA CEIP de Brión

Este proxecto nace co propósito de implicar as familias na construción dunha cultura de igualdade e bo trato, ofrecendo un espazo común de aprendizaxe e reflexión.

Nunha primeira fase, nais, pais e crianzas participan xuntas nun obradoiro práctico, experimentando ferramentas e prácticas coeducativas que favorecen relacións máis igualitarias e respectuosas. Posteriormente, o grupo divídese:

  • As persoas adultas traballan nun espazo propio, reflexionando sobre as súas experiencias, explorando conceptos teóricos e resolvendo dúbidas arredor da coeducación, a educación sexual integral e o bo trato.
  • As crianzas continúan a través de xogos e dinámicas entre iguais, reforzando vínculos positivos e interiorizando a importancia do bo trato nas súas relacións.

Dirixido á comunidade familiar, este proxecto promove a participación cidadá desde a base educativa, reforzando o papel das familias como axentes clave na transmisión de valores de igualdade e convivencia.

Imaxes

Medrando en igualdade: Unha proposta de coeducación emocional e botrato para a mellora da convivencia

Recursos asociados
Período temporal

2024

Concellos/ Lugares

CEIP Santiago Apóstol

Entidades financiadoras

ANPA Santiago Apóstol – Deputación da Coruña

O proxecto “Medrando en igualdade: Unha proposta de coeducación emocional e bo trato para a mellora da convivencia” está dirixido á comunidade escolar do CEIP Santiago Apóstolo. Ten como obxectivo visibilizar referentes feministas e locais, dándolle valor a aquelas mulleres e figuras que, a miúdo invisibilizadas, teñen contribuído á promoción da convivencia, ao bo trato e ao coidado da comunidade.

A iniciativa estrutúrase en tres liñas de acción complementarias:

  1. Obradoiros de coeducación emocional e bo trato, dirixidos ao alumnado de 5º e 6º de primaria, para traballar a mellora da convivencia e a igualdade desde a práctica vivencial.

  2. Roteiro das mulleres, que permite descubrir e poñer en valor mulleres referentes da contorna próxima ao alumnado.

  3. Elaboración dunha proposta didáctica destinada ao profesorado e ás familias de infantil e primaria, centrada en figuras relevantes que fomentan o bo trato na sociedade.

 

A través destas accións, o proxecto impulsa unha cultura de igualdade, coidado mutuo e participación cidadá, consolidando referentes positivos tanto no ámbito escolar como no comunitario.

Imaxes

PHP Code Snippets Powered By : XYZScripts.com