Saltar ao contido

Educación Ambiental

Do desequilibrio á descarbonización: unha proposta de voluntariado interxeracional e participación social

Recursos asociados

Ligazón a recursos 

Período temporal
Concellos/ Lugares
  • Santiago de Compostela (CSC Vite; LSC Lavacolla)
  • Teo (Asociación Cultural A Mámoa de Luou)
  • Padrón (Grupo de voluntariado sénior, 2º de bacharelato IES Camilo José Cela)
Entidades financiadoras

Deputación da Coruña, Concello de Santiago, Concello de Teo, Concello de Padrón

O proxecto “Do desequilibrio á descarbonización: unha proposta de voluntariado interxeracional e participación social” é unha iniciativa que conxuga os proxectos (Des)equilibristas e Descarboniza! Que non é pouco…, propoñendo unha intervención secuenciada para fomentar a sustentabilidade e a acción comunitaria.

Nunha primeira fase, os grupos de mocidade e de adultos traballan por separado, adquirindo aprendizaxes sobre saúde, hábitos sostenibles e mitigación do cambio climático. Na fase seguinte, ambos grupos únense para compartir experiencias e coñecementos, e colaborar na creación dunha acción colectiva común que poña en práctica os principios de sustentabilidade e fortalecemento da comunidade na súa contorna inmediata.

Imaxes

Descarboniza! Que non é pouco...

Recursos asociados
Período temporal

2019, 2022

Concellos/ Lugares

Boimorto, Teo

Entidades financiadoras

Grupo de Investigación de Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA),
Concello de Teo

O proxecto “Descarboniza! Que non é pouco…”, deseñado polo Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA) da Universidade de Santiago de Compostela, conta coa participación de Feitoría Verde como entidade executora de intervencións. A súa finalidade é organizar e acompañar grupos comunitarios dispostos a contribuír á descarbonización das súas comunidades, ofrecendo ferramentas e dinámicas que axuden a pasar da reflexión á acción.

A través de sesións participativas e de facilitación de grupo, as persoas participantes reflexionan sobre o seu papel na actual crise ecosocial, identifican os principais impactos do cambio climático na súa contorna e formúlanse accións concretas que poden levar a cabo para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro, tanto individualmente como de forma colectiva.

Este proxecto de educación ambiental, social e participación cidadá aposta por activar o potencial transformador das comunidades, reforzando a capacidade de resiliencia e a responsabilidade compartida ante os desafíos climáticos.

Imaxes

Batefogo

Recursos asociados
Período temporal

2016-2018

Concellos/ Lugares

Concellos de Manzaneda, Boiro, Ribeira, Porto do Son e A Pobra do Caramiñal

Entidades financiadoras

Concello de Manzaneda, Consellería de Medio Rural

Batefogo xorde como resposta á complexa problemática dos lumes en Galicia, que cada ano destrúen miles de hectáreas de monte, masas forestais e, nalgúns casos, tamén vivendas e patrimonio. Os incendios forestais non son só un fenómeno ambiental: detrás deles están factores sociais, económicos e territoriais como a desaparición dos aproveitamentos agrogandeiros, a elevada combustibilidade dalgunhas masas forestais, o despoboamento e avellentamento do rural ou a falta dunha ordenación territorial axeitada.

Ante a perspectiva de que, co cambio climático, aumente a frecuencia e intensidade destes lumes, o proxecto aposta por poñer o foco nas actividades humanas ligadas á súa orixe, traballando desde a prevención e a educación social e ambiental.

A proposta consiste en intervir no medio rural combinando prevención de lumes e dinamización comunitaria, fomentando a participación cidadá e a posta en valor de prácticas sostibles que melloren a calidade de vida no rural e contribúan a reducir o risco de incendios.

Un dos recursos creados a raíz deste proxecto foi a publicación do libro “Arbores que non arden” que aborda o papel que xogan as mulleres na prevención dos incendios florestais. Recolle a experiencia do proxecto Batefogo así como a visión doutras investigadoras na materia. Publicado en 2019 pola editora catroventos.

Imaxes

PHP Code Snippets Powered By : XYZScripts.com