Saltar ao contido

Educación Ambiental

Economía Circular – DezaOrienta

Recursos asociados
Período temporal

2022

Concellos/ Lugares

Silleda

Entidades financiadoras

Cooperativa Ao Paso
Concello de Silleda

O proxecto Economía Circular – DezaOrienta consistiu na impartición dunha acción formativa no marco do programa de orientación laboral DezaOrienta. A formación achegou aos participantes os fundamentos teóricos e prácticos da economía circular, entendida como un modelo alternativo de produción e consumo baseado na redución, reutilización e valorización dos recursos. A través de sesións dinámicas, traballouse como este enfoque pode aplicarse ao ámbito laboral e ás iniciativas de emprendemento, ofrecendo novas perspectivas para mellorar a empregabilidade e contribuír á sostibilidade económica e ambiental do territorio.

Imaxes

El Cambio Climático Cambia en Comunidad = 4C

Recursos asociados
Período temporal

2021

Concellos/ Lugares

Cáceres

Entidades financiadoras

Colectivo CALA

O proxecto “El Cambio Climático Cambia en Comunidad (4C)” realizouse en colaboración coa Asociación Taller de Educación en Valores Alternativos (Colectivo CALA) coa finalidade de fomentar comunidades resilientes fronte á emerxencia climática na comunidade autónoma de Extremadura. A iniciativa combinou formación, acción, comunicación e acompañamento a grupos de persoas comprometidas co medio ambiente, ofrecendo ferramentas e espazos de aprendizaxe para identificar impactos, planificar accións e promover cambios sostibles nas súas comunidades. O proxecto propiciou a reflexión colectiva sobre os desafíos climáticos locais e fomentou a participación activa e coordinada para xerar alternativas concretas que melloren a resiliencia social e ambiental da contorna.

Imaxes

Emprendemento desde a Educación Ambiental

Recursos asociados
Período temporal

2020

Concellos/ Lugares
Entidades financiadoras

Fundación Laboral de la Construción – Galicia

O proxecto “Emprendemento desde a Educación Ambiental” consistiu nun obradoiro práctico e participativo desenvolvido durante as xornadas de “Emprendemento medio natural” promovidas pola Fundación Laboral. A iniciativa centrouse en combinar a educación ambiental co emprendemento, amosando como o coñecemento do medio natural e rural pode convertirse nun eixo para desenvolver proxectos innovadores e sostibles. Durante as sesións, as persoas participantes coñeceron novas ferramentas e recursos aplicables ao ámbito comunitario e ambiental, explorando posibilidades de emprendemento tanto individual como en economía social. O proxecto ofreceu un espazo de aprendizaxe experiencial que favoreceu a reflexión, a planificación e a posta en práctica de ideas orientadas á creación de iniciativas respectuosas co medio ambiente e co territorio.

Imaxes

Do desequilibrio aos soños compartidos. Narrativas de futuro sostibles (II)

Recursos asociados

Curtametraxe “Raíces” – Grupo de mulleres da Asociación O Reguiño Biduído – Ames 2024 [tráiler]

Período temporal

2024

Concellos/ Lugares

Ames

Entidades financiadoras

Fundación Daniel y Nina Carasso

O proxecto “Del desequilibrio a los sueños compartidos. Creación de narrativas de futuro sostenibles (II)” naceu como continuación da iniciativa “Do Des-Equilibrio aos soños compartidos”, coa intención de dar maior impacto social ás novas narrativas de futuro sostible construídas colectivamente. Para isto, en colaboración coa produtora Illa Bufarda, produciuse a curtametraxe “Raíces. Da utopía en diante”, creada e protagonizada polo grupo de mulleres de Biduído, no Concello de Ames.

A proposta céntrase na visibilización de perspectivas locais, interxeracionais e ecofeministas, amosando alternativas de vida sostible e comprometida coa comunidade. 

O proxecto combina arte, participación cidadá e educación ambiental, ofrecendo un recurso audiovisual que fomenta a reflexión e inspira accións concretas cara un futuro máis xusto e ecolóxico.

Imaxes

RE-PARÁNDONOS: Fedellando na economía circular

Recursos asociados
Período temporal

2024, 2025

Concellos/ Lugares

Santiago de Compostela

Entidades financiadoras

Concello de Santiago de Compostela

O proxecto “RE-PARÁNDONOS: Fedellando na economía circular”, realizado en coordinación co Centro Xove de Almáciga en Compostela, naceu coa finalidade de achegar á mocidade a economía circular mediante un enfoque práctico e participativo. A proposta estruturouse nun programa de actividades semanais desenvolvidas nas instalacións do centro, combinando sesións de reflexión crítica sobre o consumo e os materiais co aprendizaxe e intercambio de técnicas manuais aplicables ao día a día.

Entre as prácticas traballadas destacaron o reaproveitamento e conservación de alimentos, a reparación e arranxo de roupa, a elaboración de produtos de limpeza ecolóxicos, nocións básicas de aromaterapia, así como a creación de xabóns e candeas. Con este enfoque, o proxecto buscou fortalecer a autonomía xuvenil, fomentar valores de sustentabilidade e promover unha cultura comunitaria baseada na reutilización e no coidado dos recursos.

Imaxes

Santiago utopía: do desequilibrio ao soño compartido

Recursos asociados
Período temporal

2024

Concellos/ Lugares

Santiago de Compostela

Entidades financiadoras

Concello de Santiago de Compostela

O proxecto “Santiago Utopía: do desequilibrio ao soño compartido” desenvolveuse como unha experiencia piloto de dinamización comunitaria orientada a xerar alternativas que mitiguen ou reduzan os efectos da emerxencia climática sobre a vida das persoas e da súa contorna inmediata. A proposta combinou a reflexión colectiva coa creación de imaxinarios utópicos desde unha perspectiva ecofeminista, tomando como marco o Concello de Santiago de Compostela.

O proceso desenvolveuse con dous grupos diferenciados: un en contorno rural, co colectivo de mulleres de San Xoán de Fecha, e outro no ámbito urbano, no Centro Cívico Maruxa e Coralia, situado no casco histórico da cidade. A través de encontros participativos, ambos grupos elaboraron listaxes de accións posibles a nivel comunitario e municipal para avanzar cara a un modelo de cidade sostible e inclusiva.

O proxecto culminou cun encontro final conxunto, no que se compartiron as propostas xeradas e se abriu un diálogo directo coa administración local, favorecendo a visibilización do traballo realizado e a posibilidade de integrar estas ideas nos procesos de planificación municipal.

Imaxes

Mulleres fronte a emerxencia climática

Que é?

Unha iniciativa de educación eco-feminista pensada para formar grupos de mulleres interesadas en reflexionar, compartir sobre a relación entre xénero e emerxencia climática, e como esta ten afectado as súas vidas e o seu territorio.
Con este proxecto, preténdese poñer en valor a relevancia de todas esas mulleres cuxo papel foi determinante no coidado da terra e das persoas, e segue a ser fundamental na transición ecolóxica e na busca da efectiva igualdade na nosa actual sociedade.

Visibilizar o seu labor e importancia na nosa historia, tanto a nivel medioambiental como social, ante as xeracións máis novas pero tamén nas adultas, é fundamental para lograr un cambio na perspectiva de xénero que nos impulse a construír unha sociedade máis igualitaria.

O obxectivo é...

Crear espazos de conversa e reflexión nun ambiente dinámico, divertido e de bo trato, onde analizar xuntas o impacto da emerxencia climática no noso territorio e construír alternativas.

Por que as mulleres?

O cambio climático intensifica desigualdades sociais xa existentes. As mulleres, especialmente no medio rural, vense afectadas de maneira máis directa pola súa situación e pola tradicional atribución de roles de coidado. Con todo, estas mesmas mulleres son portadoras de saberes, prácticas e experiencias fundamentais para a resiliencia comunitaria e a transición ecolóxica.

Que facemos?

  • Faremos varias xuntanzas nas que aprenderemos e gozaremos do proceso compartido e distendido.
  • A conversa, o xogo e as dinámicas serán as ferramentas principais para fortalecer o grupo nun ambiente acolledor e motivador.
  • Abordaremos como os cambios no planeta e na sociedade repercuten no noso día a día: saúde, alimentación, coidados, traballo ou educación.
  • Recuperaremos a memoria das mulleres e os saberes locais, valorizando e descubrindo experiencias e coñecementos que nos inspiren a crear solucións reais para un futuro mellor.

Como traballamos?

A metodoloxía utilizada é socio-afectiva e durante todo o proceso usamos métodos de ensinanza activos: de resolución de conflitos, desenvolvemento de discusións e debates, construción de alternativas en grupo.
Xunto a estas dinámicas e métodos, utilizaranse tamén técnicas lúdicas (xogos de roles, exercicios de teatralización…) que axudan a desenvolver as sesións de xeito divertido, utilizando ademais da mente o corpo, e outorgándolle un espazo amplo ás emocións e ao vivencial.

A secuencia de intervención constitúese en 10-12 sesións en función das necesidades do grupo, que marcarán os ritmos e parte das dinámicas. A duración das sesións sería sempre a mesma, aproximadamente de hora e media, e o idóneo sería unha periodicidade entre semanal e quincenal, para que non pase moito tempo entre elas.

Agro da Pobra. Promoción do sector primario e a comercialización de excedentes alimentarios

Recursos asociados
Período temporal

2021-2022 

Concellos/ Lugares

Concello da Pobra do Caramiñal

Entidades financiadoras

Concello de A Pobra do Caramiñal

O proxecto Agro da Pobra implicou á veciñanza do Concello de A Pobra do Caramiñal na comercialización de excedentes das súas hortas familiares, creando un espazo de cooperación entre produtores locais e comercio de proximidade. Esta iniciativa interdisciplinar abordou cuestións de xénero, ámbito laboral e sustentabilidade ambiental, promovendo prácticas de agroecoloxía e fortalecendo a economía local. Como resultado, constitúese a asociación Agro da Pobra, consolidando un modelo de consumo responsable, participación cidadá e valorización dos recursos locais que busca conectar á comunidade co seu territorio e co medio ambiente de forma sostible.

Imaxes

Escola Ecoloxista

Recursos asociados
Período temporal

2021-2023

Concellos/ Lugares

Concello de Teo

Entidades financiadoras

Concello de Teo

Proxecto que ten por obxectivo implicar á mocidade participante na busca de alternativas á crise ecosocial.

A través de sesións mensuais o grupo de rapazada coñece as distintas dimensións da crise ecosocial, dende o global até o local, analizando causas e consecuencias. A partir destas aprendisaxes, deseñan e desenvolven accións de sensibilización na súa contorna inmediata, promovendo unha cultura de participación activa e responsabilidade ambiental.

O proxecto tamén inclúe un campamento ecoloxista intensivo durante unha semana no verán, onde as participantes profundizan en hábitos de vida sustentables e aprendizaxes prácticas sobre medio ambiente e sustentabilidade, empregando a arte e a creatividade como ferramentas para reflexionar sobre modelos de vida alternativos e respectuosos co planeta.

Imaxes

Do desequilibrio aos soños compartidos. Narrativas de futuro sostible (I)

Recursos asociados
Período temporal

2021-2024

Concellos/ Lugares

2021-2023 Concellos de Padrón, Ames e Pontevedra

2024 Ames

Entidades financiadoras

2021-2023 Fundación Carasso, Concellos participantes

2024 Fundación Carasso

O proxecto “Do desequilibrio aos soños compartidos. Narrativas de futuro sostible” é unha iniciativa colaborativa entre o Grupo de Investigación SEPA-Interea (USC), a Cooperativa Sen Ánimo de Lucro Feitoría Verde e a compañía teatral Chévere, cun enfoque interxeracional.

O seu obxectivo é sensibilizar sobre a emerxencia ecosocial e fomentar a acción creativa cara alternativas sostibles, implicando rapazada e persoas da terceira idade. Estrutúrase en dúas fases:

  1. Fase inicial: traballo por separado dos dous grupos, adquirindo coñecementos teórico-prácticos sobre estratexias para afrontar as crises climática e social.

  2. Fase conxunta interxeracional: creación de narrativas de futuro sostible a través do teatro, combinando aprendizaxes e experiencias de ambos grupos.

 

O proxecto culmina cunha acción final conxunta, na que se representa o proceso seguido e se empregan diversas ferramentas artístico-lúdicas. Posteriormente, nunha ampliación en 2024, os relatos xerados polas participantes serviron de base para elaborar un guión e gravar unha curtametraxe dun futuro utópico, coa colaboración da produtora Illa Bufarda.

Imaxes

PHP Code Snippets Powered By : XYZScripts.com