Saltar ao contido

Economía social

Economía Circular – DezaOrienta

Recursos asociados
Período temporal

2022

Concellos/ Lugares

Silleda

Entidades financiadoras

Cooperativa Ao Paso
Concello de Silleda

O proxecto Economía Circular – DezaOrienta consistiu na impartición dunha acción formativa no marco do programa de orientación laboral DezaOrienta. A formación achegou aos participantes os fundamentos teóricos e prácticos da economía circular, entendida como un modelo alternativo de produción e consumo baseado na redución, reutilización e valorización dos recursos. A través de sesións dinámicas, traballouse como este enfoque pode aplicarse ao ámbito laboral e ás iniciativas de emprendemento, ofrecendo novas perspectivas para mellorar a empregabilidade e contribuír á sostibilidade económica e ambiental do territorio.

Imaxes

Emprendemento desde a Educación Ambiental

Recursos asociados
Período temporal

2020

Concellos/ Lugares
Entidades financiadoras

Fundación Laboral de la Construción – Galicia

O proxecto “Emprendemento desde a Educación Ambiental” consistiu nun obradoiro práctico e participativo desenvolvido durante as xornadas de “Emprendemento medio natural” promovidas pola Fundación Laboral. A iniciativa centrouse en combinar a educación ambiental co emprendemento, amosando como o coñecemento do medio natural e rural pode convertirse nun eixo para desenvolver proxectos innovadores e sostibles. Durante as sesións, as persoas participantes coñeceron novas ferramentas e recursos aplicables ao ámbito comunitario e ambiental, explorando posibilidades de emprendemento tanto individual como en economía social. O proxecto ofreceu un espazo de aprendizaxe experiencial que favoreceu a reflexión, a planificación e a posta en práctica de ideas orientadas á creación de iniciativas respectuosas co medio ambiente e co territorio.

Imaxes

RE-PARÁNDONOS: Fedellando na economía circular

Recursos asociados
Período temporal

2024, 2025

Concellos/ Lugares

Santiago de Compostela

Entidades financiadoras

Concello de Santiago de Compostela

O proxecto “RE-PARÁNDONOS: Fedellando na economía circular”, realizado en coordinación co Centro Xove de Almáciga en Compostela, naceu coa finalidade de achegar á mocidade a economía circular mediante un enfoque práctico e participativo. A proposta estruturouse nun programa de actividades semanais desenvolvidas nas instalacións do centro, combinando sesións de reflexión crítica sobre o consumo e os materiais co aprendizaxe e intercambio de técnicas manuais aplicables ao día a día.

Entre as prácticas traballadas destacaron o reaproveitamento e conservación de alimentos, a reparación e arranxo de roupa, a elaboración de produtos de limpeza ecolóxicos, nocións básicas de aromaterapia, así como a creación de xabóns e candeas. Con este enfoque, o proxecto buscou fortalecer a autonomía xuvenil, fomentar valores de sustentabilidade e promover unha cultura comunitaria baseada na reutilización e no coidado dos recursos.

Imaxes

Mulleres fronte a emerxencia climática

Que é?

Unha iniciativa de educación eco-feminista pensada para formar grupos de mulleres interesadas en reflexionar, compartir sobre a relación entre xénero e emerxencia climática, e como esta ten afectado as súas vidas e o seu territorio.
Con este proxecto, preténdese poñer en valor a relevancia de todas esas mulleres cuxo papel foi determinante no coidado da terra e das persoas, e segue a ser fundamental na transición ecolóxica e na busca da efectiva igualdade na nosa actual sociedade.

Visibilizar o seu labor e importancia na nosa historia, tanto a nivel medioambiental como social, ante as xeracións máis novas pero tamén nas adultas, é fundamental para lograr un cambio na perspectiva de xénero que nos impulse a construír unha sociedade máis igualitaria.

O obxectivo é...

Crear espazos de conversa e reflexión nun ambiente dinámico, divertido e de bo trato, onde analizar xuntas o impacto da emerxencia climática no noso territorio e construír alternativas.

Por que as mulleres?

O cambio climático intensifica desigualdades sociais xa existentes. As mulleres, especialmente no medio rural, vense afectadas de maneira máis directa pola súa situación e pola tradicional atribución de roles de coidado. Con todo, estas mesmas mulleres son portadoras de saberes, prácticas e experiencias fundamentais para a resiliencia comunitaria e a transición ecolóxica.

Que facemos?

  • Faremos varias xuntanzas nas que aprenderemos e gozaremos do proceso compartido e distendido.
  • A conversa, o xogo e as dinámicas serán as ferramentas principais para fortalecer o grupo nun ambiente acolledor e motivador.
  • Abordaremos como os cambios no planeta e na sociedade repercuten no noso día a día: saúde, alimentación, coidados, traballo ou educación.
  • Recuperaremos a memoria das mulleres e os saberes locais, valorizando e descubrindo experiencias e coñecementos que nos inspiren a crear solucións reais para un futuro mellor.

Como traballamos?

A metodoloxía utilizada é socio-afectiva e durante todo o proceso usamos métodos de ensinanza activos: de resolución de conflitos, desenvolvemento de discusións e debates, construción de alternativas en grupo.
Xunto a estas dinámicas e métodos, utilizaranse tamén técnicas lúdicas (xogos de roles, exercicios de teatralización…) que axudan a desenvolver as sesións de xeito divertido, utilizando ademais da mente o corpo, e outorgándolle un espazo amplo ás emocións e ao vivencial.

A secuencia de intervención constitúese en 10-12 sesións en función das necesidades do grupo, que marcarán os ritmos e parte das dinámicas. A duración das sesións sería sempre a mesma, aproximadamente de hora e media, e o idóneo sería unha periodicidade entre semanal e quincenal, para que non pase moito tempo entre elas.

Agro da Pobra. Promoción do sector primario e a comercialización de excedentes alimentarios

Recursos asociados
Período temporal

2021-2022 

Concellos/ Lugares

Concello da Pobra do Caramiñal

Entidades financiadoras

Concello de A Pobra do Caramiñal

O proxecto Agro da Pobra implicou á veciñanza do Concello de A Pobra do Caramiñal na comercialización de excedentes das súas hortas familiares, creando un espazo de cooperación entre produtores locais e comercio de proximidade. Esta iniciativa interdisciplinar abordou cuestións de xénero, ámbito laboral e sustentabilidade ambiental, promovendo prácticas de agroecoloxía e fortalecendo a economía local. Como resultado, constitúese a asociación Agro da Pobra, consolidando un modelo de consumo responsable, participación cidadá e valorización dos recursos locais que busca conectar á comunidade co seu territorio e co medio ambiente de forma sostible.

Imaxes

PHP Code Snippets Powered By : XYZScripts.com