E se chove que chova: bo trato na convivencia escolar
Recursos asociados
Período temporal
2023
Concellos/ Lugares
Ames, Santiago de Compostela e Santa Comba
Entidades financiadoras
Centros educativos participantes
O proxecto E se chove que chova: bo trato na convivencia escolar está dirixido ao profesorado do sistema público de ensino e céntrase en ofrecer unha formación práctica e vivencial en coeducación e metodoloxía da provención para a transformación positiva de conflitos. A través de dinámicas participativas, xogos e técnicas vivenciais, proporciónanse ferramentas que permiten acompañar ao alumnado no desenvolvemento de competencias emocionais e sociais: recoñecer, comprender e expresar emocións, mellorar a empatía, a escoita activa e o bo trato, así como fortalecer a capacidade de relación e convivencia. O enfoque fomenta a resolución pacífica de conflitos e promove unha cultura de paz aplicable a diferentes contextos educativos, capacitando ao profesorado para actuar como referentes na creación de espazos máis igualitarios, respectuosos e saudables.
