Santiago utopía: do desequilibrio ao soño compartido
Recursos asociados
Período temporal
2024
Concellos/ Lugares
Santiago de Compostela
Entidades financiadoras
Concello de Santiago de Compostela
O proxecto “Santiago Utopía: do desequilibrio ao soño compartido” desenvolveuse como unha experiencia piloto de dinamización comunitaria orientada a xerar alternativas que mitiguen ou reduzan os efectos da emerxencia climática sobre a vida das persoas e da súa contorna inmediata. A proposta combinou a reflexión colectiva coa creación de imaxinarios utópicos desde unha perspectiva ecofeminista, tomando como marco o Concello de Santiago de Compostela.
O proceso desenvolveuse con dous grupos diferenciados: un en contorno rural, co colectivo de mulleres de San Xoán de Fecha, e outro no ámbito urbano, no Centro Cívico Maruxa e Coralia, situado no casco histórico da cidade. A través de encontros participativos, ambos grupos elaboraron listaxes de accións posibles a nivel comunitario e municipal para avanzar cara a un modelo de cidade sostible e inclusiva.
O proxecto culminou cun encontro final conxunto, no que se compartiron as propostas xeradas e se abriu un diálogo directo coa administración local, favorecendo a visibilización do traballo realizado e a posibilidade de integrar estas ideas nos procesos de planificación municipal.








