Saltar ao contido

Mulleres fronte a emerxencia climática

Recursos e materiais

2024

Trailer da curtametraxe: “Raíces. Da utopía en diante”

Do Des-Equilibrio aos soños compartidos II

Curtametraxe

Curtametraxe que continúa o proxecto Do Des-Equilibrio aos soños compartidos, protagonizada por mulleres de Biduído (Ames). Explora novas narrativas de futuro a través das súas experiencias, converténdose nun recurso de impacto social para imaxinar camiños colectivos máis xustos e sostibles.

Trailer: Trailer Raíces. Da utopía en diante

2024

Receitas con memoria: Mapa ecoemocional de San Xoán de Fecha

Mulleres fronte a Emerxencia Climática

Mapa emocional – Fecha

Mapa emocional e ecosocial que recompila saberes tradicionais, historias locais e prácticas sostibles en San Xoán de Fecha, resaltando o papel das mulleres na comunidade fronte á emerxencia climática. Ferramenta para visibilizar memoria, patrimonio e conexións entre persoas, territorio e medio ambiente.

Mapa Ecosocial – San Xoán de Fecha

2025

Mapa emocional da asociación ‘O Reguiño’

Mulleres fronte a Emerxencia Climática

Mapa Emocional – Biduído

Ferramenta didáctica e divulgativa que recompila patrimonio material e inmaterial, saberes tradicionais e historias locais. Centrado no papel das mulleres e da terra, permite explorar textos e audios para coñecer narrativas habitualmente invisibilizadas e promover a conservación do patrimonio e a comunidade.

Mapa Emocional Biduído

2024

Exposición: “Seráns con saberes e sabores tradicionais fronte á emerxencia cñimática”

Mulleres fronte a Emerxencia Climática

Exposición Padrón

Traballo de recompilación documental sobre mulleres relevantes en Padrón e o seu impacto na comunidade que se traduciu nunha exposición onde expoñer saberes tradicionais en clave de xénero e sustentabilidade.

(ver que facer co acceso aos códigos QR)

Exposición de Padrón

PHP Code Snippets Powered By : XYZScripts.com