RE-PARÁNDONOS: Fedellando na economía circular
Recursos asociados
Período temporal
2024, 2025
Concellos/ Lugares
Santiago de Compostela
Entidades financiadoras
Concello de Santiago de Compostela
O proxecto “RE-PARÁNDONOS: Fedellando na economía circular”, realizado en coordinación co Centro Xove de Almáciga en Compostela, naceu coa finalidade de achegar á mocidade a economía circular mediante un enfoque práctico e participativo. A proposta estruturouse nun programa de actividades semanais desenvolvidas nas instalacións do centro, combinando sesións de reflexión crítica sobre o consumo e os materiais co aprendizaxe e intercambio de técnicas manuais aplicables ao día a día.
Entre as prácticas traballadas destacaron o reaproveitamento e conservación de alimentos, a reparación e arranxo de roupa, a elaboración de produtos de limpeza ecolóxicos, nocións básicas de aromaterapia, así como a creación de xabóns e candeas. Con este enfoque, o proxecto buscou fortalecer a autonomía xuvenil, fomentar valores de sustentabilidade e promover unha cultura comunitaria baseada na reutilización e no coidado dos recursos.