Participación cidadá
Nas últimas décadas, o protagonismo adquirido pola adxectivo, non deixou de aumentar. Semella que na Participación, como substantivo, ou como actualidade, a Participación converteuse nun “lugar común”.
A participación, entendida como lugar común onde poder ser e soñar formas de organizar as vidas e necesidades persoais e colectivas, é unha destreza que se aprende e fomenta.
Claro está, hai moitas formas de participar, e non é o mesmo participar respondendo unha enquisa a través das redes sociais que implicarse activamente nunha decisión que afecta ao meu barrio ou veciñas e que seguen un longo proceso de xuntanzas, negociacións e aprendizaxes.
E igual que hai moitos tipos de participación, tamén temos moitos tipos de dinamización e facilitación. Procesos nos que dende Feitoría Verde-Lilá, como dinamizadoras, cremos na necesidade de habilitar mecanismos de deliberación equitativa e inclusiva, desenvolvendo técnicas que permitan unha implicación activa e satisfactoria das persoas participantes.