Mellorar os procesos participativos da Infancia e a adolescencia no municipio
Recursos asociados
Período temporal
Concellos/ Lugares
Teo
Entidades financiadoras
Ministerio de Ciencia, Investigación e Universidades?
O proxecto “Mellorar os procesos participativos da Infancia e a Adolescencia no municipio” forma parte da iniciativa interuniversitaria “Deseño e validación dunha caixa de ferramentas para promover a participación da infancia a nivel local”, financiada polo Ministerio de Ciencia, Investigación e Universidades e desenvolvida conxuntamente pola Universidade da Coruña, Universitat de Barcelona, UNED e Universidad de Sevilla.
O obxectivo principal é dispoñer dunha caixa de ferramentas útil para concellos e entidades, que permita reflexionar, organizar e mellorar as prácticas en torno á participación infantil e xuvenil nos procesos municipais. Neste marco, a nosa participación consistiu na dinamización de dúas sesións participativas no Concello de Teo, nas que se implicaron profesionais e persoas con vínculo directo coa infancia e adolescencia do municipio. As sesións, cunha duración total de 6 horas distribuídas en dous días, permitiron compartir experiencias, identificar retos e validar propostas que posteriormente se integrarán na caixa de ferramentas común.