Medrando en igualdade: Unha proposta de coeducación emocional e botrato para a mellora da convivencia
Recursos asociados
Período temporal
2024
Concellos/ Lugares
CEIP Santiago Apóstol
Entidades financiadoras
ANPA Santiago Apóstol – Deputación da Coruña
O proxecto “Medrando en igualdade: Unha proposta de coeducación emocional e bo trato para a mellora da convivencia” está dirixido á comunidade escolar do CEIP Santiago Apóstolo. Ten como obxectivo visibilizar referentes feministas e locais, dándolle valor a aquelas mulleres e figuras que, a miúdo invisibilizadas, teñen contribuído á promoción da convivencia, ao bo trato e ao coidado da comunidade.
A iniciativa estrutúrase en tres liñas de acción complementarias:
- Obradoiros de coeducación emocional e bo trato, dirixidos ao alumnado de 5º e 6º de primaria, para traballar a mellora da convivencia e a igualdade desde a práctica vivencial.
- Roteiro das mulleres, que permite descubrir e poñer en valor mulleres referentes da contorna próxima ao alumnado.
- Elaboración dunha proposta didáctica destinada ao profesorado e ás familias de infantil e primaria, centrada en figuras relevantes que fomentan o bo trato na sociedade.
A través destas accións, o proxecto impulsa unha cultura de igualdade, coidado mutuo e participación cidadá, consolidando referentes positivos tanto no ámbito escolar como no comunitario.