Educación social
A Educación sempre foi a oportunidade para xerar equidade e compensar as desigualdades sociais na búsqueda do benestar colectivo e persoal. Son os pequenos detalles intencionais que dan valor ás diferenzas e diverxencias; pero sobre todo, son procesos comprometidos coas vulnerabilidades e necesidades mais profundas da sociedade.
Educación é todo o que pasa cada día na vida dunha persoa … Unha mirada correspondida, un bos días, un xogo, unha adaptación de contidos, un paseo polo monte, unha manifestación, a intuición, unha escola adaptada, aprender a coidarse e a escoitar o corpo, a dialogar, a enfadarse e disculparse.
Feitoría Verde aposta por este tipo de educación TRANSFORMADORA favorecendo espazos de participación a través de obradoiros, formacións, acompañamento de grupos e persoas.

XOGOS

PREVENCIÓN E TRANSFORMACIÓN DE CONFLICTOS

COEDUCACIÓN DAS EMOCIÓNS E DOS XÉNEROS

EDUCACIÓN NA DIVERSIDADE

ESCOITA E ATENCIÓN

PREVENCIÓN E XESTIÓN DO ACOSO

EDUCACIÓN PARA A PAZ E A CONVIVENCIA

EDUCACIÓN POPULAR

XÉNERO E IGUALDADE

BOS TRATOS E COIDADOS

EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL E EMOCIONAL
As nosas propostas
A saúde, segundo a entende a OMS, é un estado completo de BENESTAR físico, mental e social e non só a ausencia de afeccións ou enfermidades.
Tendo en conta a definición da OMS, tan completa e ao mesmo tempo tan sinxela, cómpre reflexionar sobre a nosa saúde integral, non só dos momentos nos que estamos doentes, se non como unha forma de vivir que atinxe ao noso día a día.
É por este motivo polo que os nosos hábitos diarios teñen tanto que ver coa nosa saúde. Falamos dos produtos que consumimos e tamén da calidade do ambiente no que nos movemos; das actividades que facemos, como as facemos e con quen as facemos. Porque a saúde tamén ten que ver con como nos sentimos, como nos relacionamos, como convivimos.
O presente material no seu conxunto, é unha proposta de viaxe saudable entre a alimentación, medio ambiente, emocións, relacións veciñais, comunidade e tempos de lecer… en todo podemos intervir para estar mellor!
Este proxecto foi adaptado a material didáctico para que o profesorado o puidera traballar co alumnado no contexto da COVID 19. Consta de 5 cartillas e de varios itinerarios guiados para traballar diferentes temáticas.
As emocións sempre están ao noso redor para aportarnos moita información corporal e cognitiva. Ser quen de leer e comprender esta información pode ser determinante no noso benestar persoal e social. Por este motivo é que se fai necesario un traballo de identificación e coñecemento dos nosos sentires, unha aprendizaxe de xestión e comunicación e unha aposta por desenvolver habilidades e competencias sociais para a vida.
Feitoría Verde desenvolve esta proposta a través de obradoiros onde mestura varias ferramentas e metodoloxías.
Educar no coñecemento e desenvolvemento da sexualidade na adolescencia é favorecer o establecemento de relacións desexadas e consensuadas, libres de violencia sexual e de estruturas de poder e dominación.
Para isto non hai receitas máxicas, aínda que si unha cantidade de ingredientes que é preciso desenvolver ao longo do tempo para favorecer relacións afectivo sexuais saudábeis: coidados e afectos, coñecer e cuestionar os mitos amor romántico, autocoñecemento dos corpos e formas diversas de ser e expresarse, métodos de protección nas relacións sexuais, orientacións sexuais, pracer, porno…
Esta é unha proposta cociñada a lume lento. O seu obxectivo é dar voz e poñer en valor a todas esas mulleres que nos rodean nas nosas aldeas, vilas e ciudades, á súa historia e ás súas vidas, non só para coñecelas, se non para xerar un diálogo interxeneracional promovido e centrado nas mulleres que recoñeza a súa contribución e valores social, cultural e económico na historia local.
Trátase dun proceso na que a persoa é a protagonista. A nosa metodoloxía canaliza a aprendizaxe mediante técnicas e dinámicas grupais de participación e xestiona ao grupo para a súa maior eficacia no tratamento de contidos nas sesións durante todas as actividades que se van a desenvolver no proxecto.
Así esta acción formativa está centrada na participación activa de todas as mulleres involucradas, que serán as principais guías do proceso que se abra, e respectará os espazos e as dinámicas propias do grupo, para contribuír ao seu empoderamento.
É un proxecto aberto a traballar con grupos de mulleres xa en funcionamento ou outros grupos que estean por crear. E diríxese a todas as idades.
Trátase dun obradoiro que se pode dividir en varias sesións de traballo, dirixido a diferentes públicos, que ten o obxectivo de mellorar as nosas capacidades para relacionarnos entre nós, con nós e co noso entorno e comunidade.
Desenvólvese a través do fomento da asertividade, fortalecemento da autoestima individual e colectiva e da mellora da capacidade de análise e transformación dos conflitos que xorden ante a presión de grupo. Desta forma estimúlase á reflexión e o debate e créanse alternativas proactivas nas que cada persoa se fai responsable das súas propias decisións.
A nosa proposta bebe de diferentes metodoloxías, empregando dinámicas vinculadas ao Teatro Foro e a técnicas do Arcoiris do Desexo.
Coa ONGD´s Asemblea de Cooperación pola Paz, Feitoría Verde vén facendo parte do Proxecto “Escolas sen Racismo” desde o ano 2010.
Este proxecto quere axudar aos centros de ensino a traballar sensibilizar en materia de solidaridade, toleranica e difenza entre norte-sur mediante materiais e actividades útiles.
Feitoría Verde entra neste proxecto nos centros escolares galegos a través da execución dunha serie de dinámicas prácticas que buscan distanciar ao alumnado dos estereotipos, prexuizos e dos comportamentos xenófobos. Os nosos obradoiros>contan diversas dinámicas coas que procuramos sensibilizar en materia de interculturalidade, prevención, acoso escolar, etc.
O eixo principal destas actividades bebe da escola do Teatro Foro de Augusto Boal.
Neste proxecto enmárcase tamén a posta en marcha dun curso de formación en teatro foro para alumnado do bacharelato de artes escénicas, co obxectivo de amosarlles o teatro como ferramenta de transformación social