Saltar ao contido

Descarboniza! Que non é pouco...

Recursos asociados
Período temporal

2019, 2022

Concellos/ Lugares

Boimorto, Teo

Entidades financiadoras

Grupo de Investigación de Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA),
Concello de Teo

O proxecto “Descarboniza! Que non é pouco…”, deseñado polo Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA) da Universidade de Santiago de Compostela, conta coa participación de Feitoría Verde como entidade executora de intervencións. A súa finalidade é organizar e acompañar grupos comunitarios dispostos a contribuír á descarbonización das súas comunidades, ofrecendo ferramentas e dinámicas que axuden a pasar da reflexión á acción.

A través de sesións participativas e de facilitación de grupo, as persoas participantes reflexionan sobre o seu papel na actual crise ecosocial, identifican os principais impactos do cambio climático na súa contorna e formúlanse accións concretas que poden levar a cabo para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro, tanto individualmente como de forma colectiva.

Este proxecto de educación ambiental, social e participación cidadá aposta por activar o potencial transformador das comunidades, reforzando a capacidade de resiliencia e a responsabilidade compartida ante os desafíos climáticos.

Imaxes

PHP Code Snippets Powered By : XYZScripts.com