Saltar ao contido

Co-facilitación das xornadas “O futuro dun legado. Encontro do Asociacionismo cultural galego a cen anos do SEG”

Recursos asociados
Período temporal

2024

Concellos/ Lugares
Entidades financiadoras

Cooperativa Arabías

Este proxecto consistiu na co-facilitación, en colaboración coa cooperativa Arabías, da xornada “O futuro dun legado. Encontro do asociacionismo cultural galego a cen anos do Seminario de Estudos Galegos (SEG)”, organizada e celebrada o 1 de xullo de 2024 no Museo do Pobo Galego. Foi un encontro para intercambio de información e ideas en mesas temáticas acompañado dun vermú musical e comida conxunta, co obxectivo de pensar sobre o tecido asociativo cultural galego actual e futuro.

A xornada reuniu arredor de trinta asociacións culturais de toda Galicia, activas en ámbitos como o patrimonio científico, cultural, histórico, territorial e inmaterial, co propósito de compartir obxectivos, retos e boas prácticas, así como fortalecer alianzas de futuro entre o tecido asociativo galego.

A través de dinámicas participativas, o encontro permitiu profundar nos desafíos actuais da xestión asociativa, favorecer a reflexión colectiva e impulsar sinerxías entre entidades, veciñanza e institucións culturais. O evento serviu tamén como espazo de recoñecemento e celebración do traballo do movemento asociativo galego, herdeiro do espírito do Seminario de Estudos Galegos.

Imaxes

PHP Code Snippets Powered By : XYZScripts.com