Saltar ao contido

Investigación e construción de coñecemento

Guía de patios coeducativos

Recursos asociados
Período temporal
Concellos/ Lugares
Entidades financiadoras

Texto do proxecto. Texto do proxecto.Texto do proxecto.Texto do proxecto.Texto do proxecto.Texto do proxecto.Texto do proxecto.Texto do proxecto.Texto do proxecto.Texto do proxecto.Texto do proxecto.Texto do proxecto.Texto do proxecto.Texto do proxecto.Texto do proxecto.

Imaxes

Diversidade Familiar e Condutas Contrarias á Igualdade

Recursos asociados
Período temporal

2021

Concellos/ Lugares
Entidades financiadoras

Confederación de ANPAs Galega

O proxecto “Diversidade Familiar e Condutas Contrarias á Igualdade” tivo como finalidade elaborar unha unidade didáctica para ser incorporada na axenda escolar da Confederación Galega de ANPAs correspondente ao curso académico 2021-2022.

Os contidos da guía educativa galega, orientada a adolescentes e ás súas familias, estrutúrase en bloques temáticos que tratan cuestións como a natureza das familias e os vínculos afectivos, a coeducación das emocións e sentimentos, a transformación de conflitos e a convivencia saudable. Ademais, combina actividades de reflexión e materiais gráficos para traballar conceptos claves como os tipos e funcións das familias (biosociais, económicas, culturais…), os estilos educativos (democrático, autoritario, permisivo…) e o desenvolvemento da intelixencia emocional.

Imaxes

“Estudio comparativo del PAEAS con las estrategias autonómicas de educación ambiental”

Recursos asociados
Período temporal

2024

Concellos/ Lugares
Entidades financiadoras

Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM)

O proxecto “Estudio comparativo del PAEAS con las estrategias autonómicas de educación ambiental”, promovido polo Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico e o Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM), centrause na análise comparativa dos documentos estratéxicos e de planificación en materia de educación ambiental aprobados nas distintas comunidades autónomas ao longo da última década. O estudo busca identificar coincidencias, diferenzas e boas prácticas entre o Plan de Acción de Educación Ambiental para la Sostenibilidad (PAEAS) e as estratexias autonómicas, ofrecendo así un recurso de referencia para mellorar a coordinación e a efectividade das políticas públicas neste ámbito. Os resultados están compilados nun informe accesible en liña, orientado a persoas e entidades interesadas na planificación e implementación de programas de educación ambiental a nivel autonómico e estatal.

Imaxes

“Transversalización de la EA para la Sostenibilidad en las administraciones públicas”

Recursos asociados
Período temporal

2023-2024

Concellos/ Lugares
Entidades financiadoras

Organismo Autónomo de Parques Nacionales (OAPN)

Ministerio para la Transición Ecológica y Reto Demográfico.

O proxecto “Transversalización da Educación Ambiental para a Sostibilidade en Administracións Públicas” desenvolveuse en colaboración coa Fundación Entretantos e a cooperativa Altekio.

Trátase dun estudo cualitativo sobre os procesos de integración da Educación Ambiental nas diferentes políticas públicas, recollendo información de experiencias, cuestionarios e prácticas de diversas administracións. A partir destes datos elaborouse un material de referencia destinado a mellorar a implementación da Educación Ambiental no ámbito administrativo, co obxectivo de reforzar a súa transversalización. Esta colaboración culminou na publicación “Educación ambiental para la sostenibilidad en el corazón de las políticas públicas: recorrido histórico, buenas prácticas y recomendaciones para su transversalización”, un recurso de consulta para persoal técnico e responsables de políticas públicas interesados en incorporar a educación ambiental como eixo fundamental nas súas iniciativas.

Imaxes

Estilos de vida sostenibles de mujeres y hombres, basados en la reducción de la huella de carbono y en la resiliencia frente al cambio climático y emergencia climática

Período temporal

2022

Concellos/ Lugares
Entidades financiadoras

INMUJERES – Instituto de las Mujeres -Ministerio de Igualdade do Goberno de España

O proxecto, promovido polo Instituto de las Mujeres, centra a súa investigación nos estilos de vida sostibles de mulleres e homes, abordando a redución da pegada de carbono e a resiliencia fronte ao cambio climático e a emerxencia climática desde unha perspectiva de xénero. De carácter cualitativo, buscou identificar, analizar e visibilizar experiencias e prácticas que poidan servir de referencia para promover hábitos máis sostibles e resilientes, así como detectar posibles diferenzas de xénero nas experiencias e comportamentos das persoas ante a crise climática. O estudo destacou a importancia de cuestionar modelos de masculinidade hegemónica e explorar prácticas transformadoras que contribúan a unha sociedade máis igualitaria e respectuosa co medio ambiente. Os resultados, publicados en 2023, ofrecen un valioso compendio de aprendizaxes que poden inspirar políticas públicas, programas educativos e iniciativas cidadás dirixidas á mitigación do cambio climático e á promoción da equidade de xénero.

Imaxes

CLIMACTIVA: adaptación cidadá ao cambio climático

Período temporal

2025

Concellos/ Lugares
Entidades financiadoras

Fundación Biodiversidade

Feitoría Verde desenvolveu o proxecto Climactiva co obxectivo de identificar e recopilar estilos de vida exemplares en iniciativas cidadás que abordan a adaptación ao cambio climático. Esta iniciativa, apoiada pola Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, centrouse en analizar accións comunitarias que responden aos principais riscos climáticos: incendios forestais, inundacións, olas de calor e secas.

A través de entrevistas a persoas activas en 11 iniciativas cidadás de diferentes rexións de España, o proxecto identificou prácticas resilientes que combinan coñecemento tradicional, innovación social e participación comunitaria. Os resultados permitiron elaborar un informe divulgativo que sintetiza estas experiencias, así como unha proposta educativa para integrar a adaptación climática nos estilos de vida cotiás. Ademais, desenvolveuse unha guía para incorporar a perspectiva de xénero nas respostas cidadás ao cambio climático.

Climactiva destaca pola súa metodoloxía cualitativa, que combina investigación social, análise comparativa e participación activa das comunidades implicadas. Os seus resultados contribúen á comprensión de como as accións cidadás poden fortalecer a resiliencia colectiva fronte aos desafíos climáticos actuais e futuros.

É o primeiro estudo de este tipo que se realiza no conxunto do Estado español e permite ampliar o coñecemento científico existente sobre como está a responder a poboación ante o cambio climático.

Imaxes

PHP Code Snippets Powered By : XYZScripts.com