Saltar ao contido

Asesoramento e acompañamento

PAEAS

Recursos asociados

[WEB]

Período temporal

2021 – 2025

Concellos/ Lugares
Entidades financiadoras

Ministerio para a Transición Ecológica e el Reto Demográfico (MITECO) e do Ministerio de Educación e Formación Profesional, con apoio operativo e executivo do CENEAM (Organismo Autónomo Parques Nacionales) e da Fundación Biodiversidad

No marco da primeira fase do Plan de Acción de Educación Ambiental para la Sostenibilidad (PAEAS) 2021-2025, Feitoría Verde formou parte do equipo de expertos, contribuíndo á definición dos eixos operativos e das accións clave do plan. A cooperativa participou na organización e difusión de actividades públicas, como as IV Xornadas de Educación Ambiental, promovendo o intercambio de experiencias e boas prácticas. Ademais, desenvolveu cursos e talleres específicos sobre educación ambiental orientados a distintos colectivos, apoiando a formación do sector. Feitoría Verde tamén impulsou accións de transición ecolóxica, fomentando cambios culturais e sociais cara a unha relación máis sostible co medio ambiente. A súa participación consolidou unha base metodolóxica para a implementación do PAEAS, reforzando a participación cidadá e institucional na educación ambiental.

Imaxes

Cara B das violencias machistas

Recursos asociados

[WEB]

Período temporal

2024 – 2025

Concellos/ Lugares
Entidades financiadoras

Cooperativa Arabías

Neste proxecto, Feitoría Verde presta asesoramento sobre contidos e propostas dentro do marco do proxecto “Cara B das violencias machistas”, promovido pola Cooperativa Arabías durante 2024-2025.

O proxecto ten por obxectivo investigar e visibilizar a dimensión estrutural das violencias machistas desde unha perspectiva de dereitos, interseccional e feminista, compilando os resultados nunha plataforma web. Nesta plataforma recóllese un mapa de recursos, un repositorio de materiais educativos e de sensibilización, e funciona como espazo de encontro para narrativas diversas e voces habitualmente silenciadas, promovendo a reflexión social e a difusión de boas prácticas.

A iniciativa está orientada a sociedade en xeral, ofrecendo ferramentas e materiais para entender, prevenir e combater as violencias machistas desde unha perspectiva formativa e transformadora.

Imaxes

Co-facilitación das xornadas “O futuro dun legado. Encontro do Asociacionismo cultural galego a cen anos do SEG”

Recursos asociados
Período temporal

2024

Concellos/ Lugares
Entidades financiadoras

Cooperativa Arabías

Este proxecto consistiu na co-facilitación, en colaboración coa cooperativa Arabías, da xornada “O futuro dun legado. Encontro do asociacionismo cultural galego a cen anos do Seminario de Estudos Galegos (SEG)”, organizada e celebrada o 1 de xullo de 2024 no Museo do Pobo Galego. Foi un encontro para intercambio de información e ideas en mesas temáticas acompañado dun vermú musical e comida conxunta, co obxectivo de pensar sobre o tecido asociativo cultural galego actual e futuro.

A xornada reuniu arredor de trinta asociacións culturais de toda Galicia, activas en ámbitos como o patrimonio científico, cultural, histórico, territorial e inmaterial, co propósito de compartir obxectivos, retos e boas prácticas, así como fortalecer alianzas de futuro entre o tecido asociativo galego.

A través de dinámicas participativas, o encontro permitiu profundar nos desafíos actuais da xestión asociativa, favorecer a reflexión colectiva e impulsar sinerxías entre entidades, veciñanza e institucións culturais. O evento serviu tamén como espazo de recoñecemento e celebración do traballo do movemento asociativo galego, herdeiro do espírito do Seminario de Estudos Galegos.

Imaxes

Asesoramento para a elaboración da Guía para formar parte da Rede Eco Hortas Escolares

Recursos asociados
Período temporal

2022

Concellos/ Lugares
Entidades financiadoras

Amigos da Terra

Este proxecto, desenvolvido en colaboración coa Fundación Entretantos, tivo como finalidade ofrecer asesoramento técnico, documentación e redacción de contidos para a Guía para formar parte da Rede Eco Hortas Escolares, impulsada pola Asociación Amigos da Terra.

A guía serve como ferramenta práctica e educativa para centros escolares interesados en integrar hortas ecolóxicas nos seus proxectos pedagóxicos, ofrecendo orientación sobre aspectos organizativos, metodolóxicos e ambientais. A través deste traballo, contribuíuse á consolidación dunha rede estatal de hortas escolares ecolóxicas, promovendo a participación da comunidade educativa, o aprendizaxe experiencial e a transición cara a modelos máis sostibles e responsables co medio ambiente.

Imaxes

Punto Lilá

Recursos asociados
Período temporal

2022 e 2023

Concellos/ Lugares

Brión (Romaría de Santa Marta)

Entidades financiadoras

Concello de Brión

O proxecto Punto Lilá consiste na prestación dun servizo de asesoramento, información e acompañamento en contextos festivos, mediante a instalación e dinamización de Puntos Lilás ou Violetas. Estes espazos funcionan como referentes de sensibilización e atención inmediata ante posibles situacións de violencia machista ou LGBTIQfóbica, proporcionando información á cidadanía sobre dereitos, recursos municipais e protocolos de actuación.

O servizo é atendido por profesionais especializadas en igualdade e intervención social, que ofrecen apoio personalizado, orientación práctica e unha primeira atención ás vítimas, garantindo un espazo seguro, accesible e libre de violencias. Ademais da atención directa, os Puntos Lilás contribúen á concienciación colectiva e á promoción dunha cultura do bo trato e do respecto á diversidade nos espazos públicos e festivos.

Imaxes

Avaliación de Proxectos de Educación para o Desenvolvemento da DXRE e UE (Con Arabías e Atalaia)

Recursos asociados
Período temporal

2021

Concellos/ Lugares
Entidades financiadoras

Cooperativa Arabías

Este proxecto desenvolveuse en colaboración coas cooperativas Arabías e Atalaia, prestando asesoramento técnico especializado á Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea (DXRE e UE) da Xunta de Galicia. O encargo consistiu na avaliación das solicitudes presentadas á convocatoria de 2020 de axudas e subvencións para proxectos de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global.

O traballo implicou a análise detallada de cada proxecto presentado, valorando o seu axuste aos obxectivos da convocatoria, a súa coherencia técnica e metodolóxica, e o impacto potencial en materia de educación social e igualdade. Como resultado, elaboráronse informes individualizados que serven de base para a resolución da convocatoria e contribúen a fortalecer a calidade e transparencia dos procesos de avaliación pública neste ámbito.

Imaxes

Descarboniza La Rioja

Recursos asociados

[WEB]

Período temporal

2021 a 2024

Concellos/ Lugares

Comunidade Autónoma de La Rioja

Entidades financiadoras

Servicio de Educación Ambiental do Goberno de La Rioja

Este proxecto consistiu nun acompañamento técnico e pedagóxico ao equipo educativo da Comunidade Autónoma de La Rioja, co obxectivo de apoiar o deseño, desenvolvemento e avaliación da implementación do proxecto “Descarboniza! Que non é pouco…”, promovido polo Servizo de Educación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente de La Rioja.

A colaboración centrouse en ofrecer asesoramento metodolóxico, xuntanzas de coordinación e sesións formativas dirixidas ao persoal responsable do programa, contribuíndo á adaptación do paquete metodolóxico ao contexto local e ao fortalecemento das capacidades do equipo para levar a cabo accións de sensibilización e participación cidadá arredor da descarbonización e loita contra o cambio climático.

Imaxes

PHP Code Snippets Powered By : XYZScripts.com