Batefogo
Período temporal
2016-2018
Concellos/ Lugares
Concellos de Manzaneda, Boiro, Ribeira, Porto do Son e A Pobra do Caramiñal
Entidades financiadoras
Concello de Manzaneda, Consellería de Medio Rural
Batefogo xorde como resposta á complexa problemática dos lumes en Galicia, que cada ano destrúen miles de hectáreas de monte, masas forestais e, nalgúns casos, tamén vivendas e patrimonio. Os incendios forestais non son só un fenómeno ambiental: detrás deles están factores sociais, económicos e territoriais como a desaparición dos aproveitamentos agrogandeiros, a elevada combustibilidade dalgunhas masas forestais, o despoboamento e avellentamento do rural ou a falta dunha ordenación territorial axeitada.
Ante a perspectiva de que, co cambio climático, aumente a frecuencia e intensidade destes lumes, o proxecto aposta por poñer o foco nas actividades humanas ligadas á súa orixe, traballando desde a prevención e a educación social e ambiental.
A proposta consiste en intervir no medio rural combinando prevención de lumes e dinamización comunitaria, fomentando a participación cidadá e a posta en valor de prácticas sostibles que melloren a calidade de vida no rural e contribúan a reducir o risco de incendios.
Un dos recursos creados a raíz deste proxecto foi a publicación do libro “Arbores que non arden” que aborda o papel que xogan as mulleres na prevención dos incendios florestais. Recolle a experiencia do proxecto Batefogo así como a visión doutras investigadoras na materia. Publicado en 2019 pola editora catroventos.




