Saltar ao contido

CLIMACTIVA: adaptación cidadá ao cambio climático

Período temporal

2025

Concellos/ Lugares
Entidades financiadoras

Fundación Biodiversidade

Feitoría Verde desenvolveu o proxecto Climactiva co obxectivo de identificar e recopilar estilos de vida exemplares en iniciativas cidadás que abordan a adaptación ao cambio climático. Esta iniciativa, apoiada pola Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, centrouse en analizar accións comunitarias que responden aos principais riscos climáticos: incendios forestais, inundacións, olas de calor e secas.

A través de entrevistas a persoas activas en 11 iniciativas cidadás de diferentes rexións de España, o proxecto identificou prácticas resilientes que combinan coñecemento tradicional, innovación social e participación comunitaria. Os resultados permitiron elaborar un informe divulgativo que sintetiza estas experiencias, así como unha proposta educativa para integrar a adaptación climática nos estilos de vida cotiás. Ademais, desenvolveuse unha guía para incorporar a perspectiva de xénero nas respostas cidadás ao cambio climático.

Climactiva destaca pola súa metodoloxía cualitativa, que combina investigación social, análise comparativa e participación activa das comunidades implicadas. Os seus resultados contribúen á comprensión de como as accións cidadás poden fortalecer a resiliencia colectiva fronte aos desafíos climáticos actuais e futuros.

É o primeiro estudo de este tipo que se realiza no conxunto do Estado español e permite ampliar o coñecemento científico existente sobre como está a responder a poboación ante o cambio climático.

Imaxes

PHP Code Snippets Powered By : XYZScripts.com