




educación artesanal para a transformación social
Somos unha cooperativa sen ánimo de lucro que entende a EDUCACIÓN coma un proceso lento de artesanía: orixinal, cheo de afectividade, de tempo investido e de pequenos detalles. Unha acción de transformación social que nos fai estar en constante proceso de mellora e aprendizaxe, tanto persoal como colectivamente. Unha actividade pedagóxica e política que coloca no centro as necesidades e o benestar das persoas e da natureza que habitamos. Un benestar que nos fai conscientes da nosa vulnerabilidade e da nosa eco e interdependencia das demais persoas e do medio, e abre a posibilidade de tecer redes e xerar interaccións na construción da xustiza social e ambiental.
Participación cidadá
O lugar común onde poder ser e soñar formas de organizar as vidas e necesidades persoais e colectivas.
Os nosos proxectos baséanse no benestar
En Feitoria Verde-Lilá soñamos con proxectos onde investigación, educación, igualdade, coidados e respecto polo medio camiñen da man. Desde o ecofeminismo, traballamos para dar respostas reais e ofrecer ferramentas que nos axuden, colectivamente, a construír un futuro máis xusto e ambientalmente sostible.