Concello de Pontevedra
En colaboración con MaOs Innovación Social S. Coop. Galega
Xaneiro 2013-Outubro 2014
Feitoría Verde e MaOs Innovación Social puxemos en marcha un proceso de diálogo e traballo colectivo coa veciñanza das parroquias de Santa María de Xeve, Santo André de Xeve e Verducido.
En calquera caso o RuralActivo segue a ser un proxecto vivo e con posibilidades de reproducirse noutros contextos. Os obxectivos que se teñen están encamiñados a conxugar as potencialidades do patrimonio material e inmaterial do rural co autoemprego.
O proceso consta de tres fases:
- Elaboración dunha diagnose colectiva de recursos potenciais para o autoemprego. Esta diagnose realizase a través dun proceso participativo que se estrutura nunha serie de sesións que denominamos Faladoiros.
- Escola de Coñecementos: a partir das conclusións da fase anterior, deseñamos un proceso formativo coas materias máis demandadas polo grupo.
- Fase de asesoramento e seguimento de proxectos: aquelas iniciativas de interese e con posibilidades poden comezar o seu camiño nesta última fase acompañadas polo equipo de traballo de MaOs e Feitoría Verde.
Coñece outros Proxectos.
Galería de imaxes