Feitoría Verde

Feitoría Verde é unha Cooperativa Sen Ánimo de Lucro que entende a EDUCACIÓN coma un proceso lento de artesanía: orixinal, cheo de afectividade, de tempo investido e de pequenos detalles. Unha acción de transformación social que nos fai estar en constante proceso de mellora e aprendizaxe, tanto persoal como colectivamente. Unha actividade pedagóxica e política que coloca no centro as necesidades e o benestar das persoas e da natureza que habitamos. Este benestar persoal e social fainos conscientes da nosa vulnerabilidade e co-dependencia das demais persoas e do noso medio, e abre a posibilidade de tecer redes e xerar interaccións na construcción da xustiza social e ambiental.

Actualidade

Nos últimos meses estamos asistindo a un momento non imaxinado, a lo menos na realidade. Está a ser un proceso revulsivo que nos pon a proba como sociedade e que nos pode axudar a re-aprender e a re-equilibrar os nosos procesos: a analizar que cousas son as máis importantes, que sucede cos coidados cando saen á superficie, como nos fan sentir estes momentos difíciles, que facemos e como o facemos.

A educación aparece agora como algo fundamental para axudarnos nestes procesos. Pode ser o motor, guía e plataforma de arranque para crear novos modelos máis xustos e equilibrados.

Desde Feitoría Verde estamos traballando nas nosas propostas para adaptalas ás circunstancias, incorporando as novas tecnoloxías cando son necesarias, coa vista posta todo tempo no noso obxectivo común: seguir creando procesos de aprendizaxe colectivos.

Que facemos?

Cultura da sustentabilidade,  cambio climático e economía social

Emocións, xestión de grupos e transformación de conflictos

Dinamización, desenvolvemento comunitario e xogo

Xénero, diversidades afectivo-sexuais e coidados

Como?

Os nosos piares de traballo